Mostrando entradas con la etiqueta paseado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paseado. Mostrar todas las entradas
lunes, 28 de enero de 2013
Publicación dos actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González, 'O Pequeniño do Incio'
Publicación dos actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González, 'O Pequeniño do Incio'
Co gallo do 75 aniversario do pasamento do do Dr. Manuel Díaz González [1886-1936] 'O Pequeniño do Incio' vense de publicar un libro homenaxe no que tamén participou o Proxecto 'Nomes e Voces' xunto á Familia Díaz.
A publicación recolle os diferentes actos conmemorativos que se celebraron no Incio (Lugo) no mes de novembro de 2011 con motivo do 75 aniversario do pasamento de Manuel Díaz González, coñecido como o "Pequeniño".
Manuel Díaz González, médico de profesión, foi paseado en setembro de 1936 na estrada Bóveda-Incio, no punto denominado "Casilla da Serra"-Eirexalba-Incio.
O programa de ditos actos contou coa presenza de diferentes personalidades ligados ao ámbito da investigación histórica, á escrita, á mediciña e ao xornalismo. Impartiron conferencias Xosé Ramón Fandiño Veiga -escritor e xornalista-, Xosé Alvilares Moure -Teólogo e escritor-, Lourenzo Fernández Prieto -Profesor de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces", Claudio Rodríguez Fer -Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil-, David Simón Lorda -Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia-. José Luis Díaz Gómez -Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño-.
Asimesmo, proxectouse unha mostra documental sobre o que foi médico municipal e descubriuse un busto erixido en memoria do doutor Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral, acompañados pola actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.
Todas estas actividades quedan ilustradas nesta obra que conta con textos dos protagonistas.
viernes, 11 de enero de 2013
Ramón Piñeiro Romero
Ramón
Piñeiro Romero era electricista y empleado en la Compañía Eléctrica de
Padrón (A Coruña). Perteneció a la UGT y a la Agrupación Socialista de
Padrón. En la Segunda República fue alcalde, así como miembro del Comité
del Frente Popular. Participó en la resistencia ante la sublevación del
18 de julio de 1936. Fue detenido e ingresado en la prisión de Padrón
el día 30 de julio, aunque al mes pasó a la prisión de Santiago de
Compostela. Es díficil saber que pasó, aunque, al parecer fue paseado.
Su cuerpo no se ha encontrado. Tenía 36 años.
Ver:
Etiquetas:
1936,
agrupación socialista,
alcalde,
comité,
electricista,
frente popular,
padrón,
paseado,
prisión,
ramón piñeiro romero,
república,
santiago,
socialista,
ugt
Suscribirse a:
Entradas (Atom)